Os traballos de rexeración, que teñen un custo de 29.000 euros, inclúen o aglomerado en quente do firme, a limpeza das beiravías e a construción de plataformas para os colectores de lixo
- Tema

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, continúa dende hoxe os traballos de rexeneración e mellora das estradas municipais logo de que estes labores quedaran interrompidos a mediados do mes de marzo polo decreto do Estado de Alarma.
Esta mesma mañá daba comezo a execución do asfaltado con aglomerado en quente da estrada que une Cacabelos con Mazoi, nesta mesma parroquia. Unha obra que supón un investimento de 29.000 euros e que será financiada con cargo ao Plan Único da Deputación.
Os traballos consistirán na limpeza das beirarruas e cunetas, no arranxo do firme, asi como na construción de plataformas para a colocación de colectores do lixo.
“Trátase de mellorar a calidade das infraestruturas do rural e de abordar tamén a súa conservación e mantemento, dando servizo á veciñanza dos núcleos”, indicou o edil.
A esta actuación seguirán, en vindeiras datas, outras xa adxudicadas e que se contemplan tanto dentro do convenio de colaboración provincial como ao abeiro do suplemento de crédito incorporado aos orzamentos do Concello de Lugo.
Audio
- O edil Miguel Fernández, sobre a rexeneración do firme de Mazoi | Descargar mp3