Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural inicia hoxe o arranxo da estrada que une Cacabelos con Mazoi

Medio Rural inicia hoxe o arranxo da estrada que une Cacabelos con Mazoi

Os traballos de rexeración, que teñen un custo de 29.000 euros, inclúen o aglomerado en quente do firme, a limpeza das beiravías e a construción de plataformas para os colectores de lixo

  • Tema
    • COVID-19,
    • Infraestruturas,
    • Tráfico
Mércores, 13 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inicia hoxe o arranxo da estrada que une Cacabelos con Mazoi

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, continúa dende hoxe os traballos de rexeneración e mellora das estradas municipais logo de que estes labores quedaran interrompidos a mediados do mes de marzo polo decreto do Estado de Alarma.

Esta mesma mañá daba comezo a execución do asfaltado con aglomerado en quente da estrada que une Cacabelos con Mazoi, nesta mesma parroquia. Unha obra que supón un investimento de 29.000 euros e que será financiada con cargo ao Plan Único da Deputación.

Os traballos consistirán na limpeza das beirarruas e cunetas, no arranxo do firme, asi como na construción de plataformas para a colocación de colectores do lixo.

“Trátase de mellorar a calidade das infraestruturas do rural e de abordar tamén a súa conservación e mantemento, dando servizo á veciñanza dos núcleos”, indicou o edil.

A esta actuación seguirán, en vindeiras datas, outras xa adxudicadas e que se contemplan tanto dentro do convenio de colaboración provincial como ao abeiro do suplemento de crédito incorporado aos orzamentos do Concello de Lugo.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre a rexeneración do firme de Mazoi | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-inicia-hoxe-o-arranxo-da-estrada-que-une-cacabelos-con-mazoi

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130520_miguel_fernandez_-_rexeneracion_firme_mazoi.mp3