A comisión de festas aprobou a proposta do sector, ampliando un día máis a apertura do feiral con prezos reducidos.
Os dous Días da Infancia o recinto feiral abrirá con prezos reducidos de 3€ por viaxe nas atraccións para adultos, e 2.50€ nas de nenas e nenos.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos. “Celebraremos dous días da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia dúas xornadas máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos”, explicou Maite Ferreiro.
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido de 3€ por viaxe nas atraccións para persoas adultas e de 2.50€ nas atraccións infantís.
Maite Ferreiro afirmou que “o San Froilán 2023 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica”.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Recinto Feiral e a súa apertura | Descargar mp3