Maite Ferreiro e Rubén Arroxo inauguran o XVIII concurso de tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de turismo

O Tenente de Alcaldesa e a edil de Turismo inauguraron o concurso no restaurante El Boni, gañador da última edición, xunto co presidente da APEHL, Cheché Real.

O concurso celebrarase ata o 19 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes.

Venres, 03 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Maite Ferreiro e Rubén Arroxo inauguran o XVIII concurso de tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de turismo

O Tenente de Alcaldesa, Rubén Arroxo, e a  concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inauguraron xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, a XVIII edición do Concurso de Tapas de Lugo, que se celebrará ata o 19 de novembro. A inauguración tivo lugar no Restaurante El Boni, gañador do concurso o pasado ano.

Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local”. Pola súa banda, Cheché Real destacou “o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso“.

Entre o 3 e o 19 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os finalistas.

As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo de distintos premios, os cupóns participantes cun mínimo de 10 establecementos visitados, participarán no sorteo dunha escapada gastro-relax para dúas persoas no Hotel Pazo Los Escudos, de Vigo, e os selados por 20 establecementos participarán no sorteo dunha viaxe dunha semana para dúas persoas a Ámsterdam.

A edición 2023 do concurso de tapas de Lugo conta con 37 locales de hostalería participantes distribuídos por toda a cidade: 3 pés, Anda, Antas, Ave César, Barros Cervecería, Bulló Xantar, Casa D'Auga, Desnivel Tapas e Copas, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, El Santuario de Magnus, España, Galo, Gran Café, Hotel Mercure Lugo-Brasas Brancas, Karrusel, La Cosechera de 1977, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Mesón El Castillo, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado Casa de Comidas, Orixe do Campo, Paprica, Parada 33, Portal 36, Pulpería O Castelo, Prebe by Bret, Quimera, San Marcos Café, Santeiro's Terraza, Taberna Daniel e Tapería o Peque.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o concurso de tapas | Descargar mp3

Noticias relacionadas