Máis de 200 persoas participan nas primeiras experiencias nos comercios de barrio que regala o Concello con Localmente Lucense

Son veciños e veciñas que realizaron as súas compras ou consumiron nos establecementos de proximidade da cidade durante a campaña das rebaixas de inverno.

A concelleira Ana Abelleira anima a participar na estratexia de dinamización económica municipal, “na que gañamos todos porque incentivamos a vida nos nosos barrios”.

Os vales inclúen galardóns de saúde e benestar, estética, visitas guiadas, catas de queixos, catas de viños e cervexas, rutas de tapas e unha asesoría dun persoal shopper.

Xoves, 31 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 200 persoas participan nas primeiras experiencias nos comercios de barrio que regala o Concello con Localmente Lucense

A tenenta de Alcaldesa e edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, entregou algúns dos 200 primeiros premios da estratexia municipal ‘Localmente Lucense, orgullo de barrio’, aos veciños e veciñas que realizaron as súas compras ou consumiron nos establecementos de proximidade da cidade durante a campaña lanzada para impulsar as rebaixas de inverno e que se inscribiron na web da estratexia.

No sorteo puideron participar todas as persoas que presentaron un ticket de compra ou consumición mínima de 5 euros dalgún dos establecementos adheridos a Localmente Lucense.

Abelleira explicou que “a través desta iniciativa buscamos establecer unha relación de beneficio mutuo entre os consumidores, que puideron optar a diferentes premios, e os establecementos locais adheridos á campaña Localmente Lucense, que serán os que ofrezan os servizos e productos sorteados”. Animou a participar na estratexia de dinamización económica, “na que gañamos todos porque así incentivamos que exista vida nos nosos barrios”.

En total, entregaranse preto de 200 vales para trocar por diferentes tipos de experiencias no comercio e a hostalería da cidade. As persoas premiadas aínda poden recoller os seus vales no  no local do concello situado na rúa Tinería, nº 36, en horario de 12.30 a 14.30 horas e de 18:30 a 20:30 horas este xoves, 31 de marzo; venres, 1 de abril; luns, 4 de abril; martes, 5 de abril; e mércores, 6 de abril.  Neste espazo o persoal da campaña encargarase de verificar os datos dos premiados e de explicar, ao mesmo tempo, a forma en que poderán utilizar o vale, así como resolver calquera tipo de dúbida que poida xurdir.

Ana Abelleira explicou que “entre os tipos de experiencias que se entregarán atópanse experiencias de saúde e benestar, experiencias de estética e beleza, visitas guiadas, catas de queixos, catas de viños, catas de cervexas, rutas de tapas, e unha ruta de compras coa asesoría dun persoal shopper”.

Localmente Lucense, cun investimento dun millón de euros, intégrase na estratexia de recuperación económica e social post pandemia lanzada pola alcaldesa Lara Méndez.

Multimedia

  • Máis de 200 persoas participan nas primeiras experiencias nos comercios de barrio que regala o Concello con Localmente Lucense

Noticias relacionadas