Lugo pide un Entroido máis desenmascar o machismo, cunha nova campaña para cortar co sexismo nos disfraces infantís

A campaña, que promove o Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez; sendo conscientes de que o sexismo segue manifestándose co xénero dos disfraces

Céntrase na responsabilidade á hora de comprar disfraz, rcomendando descartar os que supoñen unha hipersexualización e recomendando a compra dos que poden ser empregados polos nenos e nenas e os que desenvolvan a imaxinación

Martes, 26 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo pide un Entroido máis desenmascar o machismo, cunha nova campaña para cortar co sexismo nos disfraces infantís

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe a edil Ana González Abelleira, vén de poñer en marcha unha nova edición da campaña Desenmascara o machismo, unha iniciativa que impulsa cortar co sexismo nestas datas de festa, tal e como fai noutras festividades, como o Arde Lvcvs ou o  San Froilán.

A campaña, que promove o Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez; sendo conscientes de que o sexismo segue manifestándose co xénero dos disfraces: por exemplo, os traxes de bombeiros, astronautas e médicos están representados por nenos, mentres que as nenas protagonizan os disfraces de enfermeira ou animadora.

Desenmascara o machismo céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, que afecta, en moitos casos, a nenas menores de idade; ou aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena. Así mesmo recomenda que o ideal é que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxinación e que favorezan a cretividade, entre outros.

Audio

  • Ana González Abelleira sobre a campaña do Entroido | Descargar mp3

Noticias relacionadas