Lugo e China estreitan lazos de amizade deportiva

Lara Méndez, Miguel Fernández e Álvaro Santos recibiron ao equipo de baloncesto Schenzhen Leopards, que disputarán mañá un partido amistoso contra o Breogán

Mércores, 12 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo e China estreitan lazos de amizade deportiva

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, recibiu este mércores, no Salón de Plenos do Concello, ao equipo de baloncesto Schenzhen Leopards, procedente de China; que chega a Lugo dentro da súa xira de amistosos que van a disputar en España. Concretamente, na cidade o encontro celebrarse mañá xoves, ás 20:30 horas, no Pazo dos Deportes, contra o Café Candelas Breogán. No acto tamén estivo presente o presidente do Breogán, Jesús Lázare, así como outros membros da Corporación Municipal.

Lara Méndez deulles a benvida ao Concello e a Lugo, convidándoos a descubrir os máis de 2.000 anos de historia que atesoura o municipio, así como a gozar dos seus tres Patrimonios da Humanidade, os espazos naturais, a gastronomía, e a simpatía dos e das luguesas. Tamén amosou o pracer de manter este encontro para estreitar coñecementos entre Lugo e China, con grandes posibilidades de colaboración. De feito, o municipio xa está irmandado con outro lugar de China: Chinguandao.

"O baloncesto puxo a Lugo no mapa este ano 2018", asegurou a rexedora, quen quixo subliñar os grandes acontecementos da pasada tempada deportiva, o ascenso do Breogán á liga ACB logo de 12 anos, o ascenso do Durán Maquinaria Ensino á máxima categoría de baloncesto feminino, a Liga Día, e como non, o encontro que se celebrará mañá.

A Alcaldesa fixo fincapé no deporte como identidde e como nexo entre cidades, que con independencia dos resultados, sempre une, fomentando valores como o compañeirsimo, esforzo ou ilusión.

Pola súa banda, Álvaro Santos, quen reiterou a benvida, incidiu no deporte como método para internacionalizar Lugo; mentres que puxo en valor o baloncesto de Lugo, o que da boa mostra da aposta que ten Deputaicón e Concello polo deporte.

O equipo agradeceu a recepción na súa visita a Lugo, que agarda que sexa fructífera; un desexo que comparte tamén o CB Breogán, tal e como manifestou o presidente do club.

Shenzhen New Century Leopards, tamén coñecido como Shenzhen Leopards é un equipo de baloncesto chino, con sede na cidade de Dongguan, Guangdong, que compite na Chinese Basketball Association (CBA). Disputa os seus partidos no Lang Stadium, con capacidade para 4.000 espectadores. O club fundouse en 2003, comezando a competir na CBL, na segunda división china. En 2005 acabaron en primeira posición, logrando o ascenso á CBA. As súas mellores tempadas na liga foron as de 2008 e 2009, acabando en ambas en quinta posición da liga, e caendo as dúas veces ante Guangdong Southern Tigers en semifinales de los play-offs.

Multimedia

  • Lugo e China estreitan lazos de amizade deportiva

Noticias relacionadas