Lugo abre boca para o Arde Lvcvs MMXIX con nove conferencias de temática romana, dende este venres no Vello Cárcere

Trátase dos relatorios da Cohors III Lucensium, que cumpren 10 anos nesta edición, enmarcados no Arde Lvcvs Cvltvral

Rematarán o 12 de xuño e serán todas ás 20:00 horas. A entrada é libre ata completar a cabida. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro

Mércores, 29 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Arde Lvcvs Cvltvral, que nos últimos tres meses ofreceu medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa na cidade, previas ao Arde Lvcvs; celebra dende este venres, 31 de maio, e ata o mércores, 12 de xuño, un ciclo de charlas sobre distintos temática da historia Antiga Roma. Trátase das conferencias da Cohors III Lucensium, que cumpren 10 anos nesta edición. Todas elas serán ás 20:00 horas no Vello  Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida.

O historiador Felipe Arias, o catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois González, o arqueólogo municipal Enrique González, o arqueólogo Iván Álvarez, a Directora do Museo Privincial de Lugo, Aurelia Balseiro, os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez, a escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa serán os encargados de dirixir os distintos relatorios que versarán sobre temas tan diversos como o Templo de mitra, o código militar romano, a cerámica romana ou a minfería romana, entre outros. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro.

Noticias relacionadas