López Racamonde participa na entrega de diplomas aos 150 estudiantes cos mellores expedientes de FP de Galicia

A edil de Benestar destacou a importancia que están tomando este tipo de formación específica e de calidade en atención aos maiores, dependentes e coidados en xeriatría.

Xoves, 13 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
López Racamonde participa na entrega de diplomas aos 150 estudiantes cos mellores expedientes de FP de Galicia

A concelleira da área de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, participou no acto de entrega de diplomas aos mellores expedientes de FP de Galicia, no que a Universidade de Santiago de Compostela quixo recoñecer o traballo duns 150 estudiantes de toda a comunidade autónoma. No transcurso do acto, celebrado na facultade de Veterinaria, López Racamonde chamou a atención sobre “a importancia que están tomando este tipo de formación específica e de calidade en graos dedicados a atención a maiores, dependentes, coidados en xeriatría ou atención a persoas con discapacidades, entre outros ciclos medios e superiores, nos que ademais hai un alta porcentaxe de inserción laboral”.

Olga López Racamonde sinalou ademais que “é normal que este tipo de estudios teñan unha alta demanda, porque é o que precisa a sociedade. Lugo é un claro exemplo de cidade cunha alta porcentaxe de poboación envellecida e cada vez é máis necesario contar con profesionais preparados e con formación moi dirixida, que podan atender a esta poboación”.

Multimedia

  • López Racamonde participa na entrega de diplomas aos 150 estudiantes cos mellores expedientes de FP de Galicia

Noticias relacionadas