A licitación os escenarios, gradas, estruturas auxiliares, equipos de son e luz e seguridade para o Arde Lvcvs MMXVIII

O prazo de presentación de proposicións, que debe facerse no Rexistro Xeral, é de 10 días hábiles dende a publicación no Perfil do Contratante

Mércores, 25 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno deste mércores aprobou a contratación, por procedemento aberto simplificado, de distintos servizos para os espectáculos do Arde Lvvcs, que se celebrará do 15 ao 17 de xuño. Concretamente, saen a licitación a subministración de escenarios e gradas, na Praza de Santa María e na explanada do Pavillón Municipal; o aluguer e instalación de equipos de son e luz e traballos de produción, tanto para a Praza de Santa María e o pavillón municipal, como para a animación de rúa; as estruturas e elementos auxiliares, tales como valados ou camerinos; e a vixilancia, control de espazos e seguridade en 8 puntos da cidade, onde distintas asociacións de recreación histórica montarán os seus campamentos (Parque Rosalía de Castro, Praza Maior, Praza de San Marcos, Praza Horta do Seminario, Praza da Constitución, Cantiño Nemesio Cobreros, Praza Anxo Fernández Gómez e aparcadoiro do seminario).

Tal e como avanzou o Voceiro Municipal, os orzamentos de licitacións son de 18.466 euros, 15.851 euros, 17.557 euros, 6.722,60 euros e 18.236,81 euros, respectivamente. O prazo de presentación de proposicións, que debe facerse no Rexistro Xeral do Concello, é de 10 días hábiles dende a publicación no Perfil do Contratante (aloxado na plataforma de contratación do Estado).

Na sesión deste mércores tamén se acordou prorrogar para este ano 2018 as autorizacións de 3 postos de elaboración de comidas para estes festexos (na Praza da Soidade); e de 64 postos de venda de mercadorías, no Macellum. 

Outros asuntos

Miguel Fernández deu conta de que a Xunta de Goberno deste mércores acordou a resolución definitiva do contrato entre o Concello e Intaremit S.A., por incumprimento do prazo de entrega das primeiras 2.500 tarxetas cidadás á entidade local. Así mesmo, acodouse a incautación da garantía, dun 1.293 euros.

Deuse luz verde tamén á prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar, a cargo de Valoriza Servizos a la Dependencia, S.L.; por un período máximo de 4 meses comprendido entre maio e setembro do 2018. Así mesmo tamén se adxudicou, mediante acordo marco, a subministración de produtos de alimentación e produtos de limeza para o fogar do transeúnte a Mercash - Sar S.L.U. e Royal Mayline S.L:, por un importe máximo de 45.380 euros e 3.780 euros, respectivamente.

Entre outros asuntos, tamén se deu conta da listaxe de reclamacións e suxestións presentadas no Concello de Lugo dende o derradeiro informe, o día 15 de febreiro de 2018. Neste período recibíronse 25 reclamacións e 7 suxestións. As reclamacións reponden ás áreas de Educación, Augas (3), Enxeñaría (2), Transportes, Policía Local (3), Medio Ambiente (3), Arquivo (3), Deportes (6), Servizos Sociais (2) e Tarxeta Cidadá; e as suxestións ás de Enxeñaría, Policía Local, Gabinete de Tráfico, Medio Ambiente (3) e Servizos Sociais.

Audio

Noticias relacionadas