Dende este venres todas as fontes ornamentais, apagadas por seguridade sanitaria estarán en funcionamento.
Venres, 07 de maio de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández supervisaban no día de hoxe o acendido da última fonte ornamental, a das Rás, nos xardíns de García Morato, que reanudará o seu funcionamento tras estar apagada por seguridade sanitaria pola pandemia.
O Concello de Lugo ten oito fontes ornamentais: a da Medusa, na Avenida de Garabolos; a Cibernética, na Fonte dos Ranchos; a dos Leóns, na Praza de Avilés; a Fonte do Rei, na praza do mesmo nome, a de Augas Férreas; a das Rás, nos xardíns de García Morato, a da Praza do Campo e a da Pinguela, na Rinconada do Miño.