Lara Méndez supervisa as obras de urbanización que executa o Concello para o novo colexio Sagrado Corazón

A alcaldesa avanzou que a actuación estará finalizada a vindeira semana, “aínda que dependerá tamén dos tempos de construción do centro por parte de la Xunta”

Ademais das beirarrúas, traballouse na instalación dos servizos de iluminación pública, abastecemento e saneamento, así como na rede de sumidoiros

O Concello previamente xa puxera no 2016 a disposición da Xunta de Galicia unha superficie de 10.000 metros cadrados para que puidese comezar a obra

Xoves, 03 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez supervisa as obras de urbanización que executa o Concello para o novo colexio Sagrado Corazón

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Urbanismo, Miguel Couto, supervisaban esta maña as obras de urbanización a pé da parcela do novo CEIP do Polígono do Sagrado Corazón, que executa o Concello por un importe de 72.540 euros e que finalizarán nos vindeiros días.

O Concello xa había posto a disposición da Xunta de Galicia, en xuño de 2016, unha parcela de 10.000 metros cadrados para que a Consellería de Educación puidese comezar a obra “e dotar así á zona sureste da cidade dun novo centro educativo, moi demandado polos veciños e veciñas”.

No caso da urbanización, o Concello tivo que acompasar a actuación á construción do inmoble por parte do Goberno galego. A rexedora avanzou que a execución por parte da administración local podería terminar á vindeira semana, pero “dependerá tamén dos tempos de construción do centro por parte de la Xunta, xa que traballos de maneira coordinada con ela, tal e como así nos solicitou, para que un centro educativo tan importante para o barrio e tan demandado pola veciñaza vexa a luz canto antes”.

Por iso, a alcaldesa de Lugo incidiu na importancia de colaborar entre administracións para sacar adiante proxectos.

A Consellería non prevé finalizar as obras ata o mes de outubro polo que o inicio do curso escolar será no colexio vello, pola nosa banda “Coordinamonos e consensuamos coa dirección da Consellería a execución das nosas tarefas, axustando os tempos da obra ás necesidades da consellería” explicou Lara Méndez.

Veciños e membros da APA agradeceron as xestiñons realizadas dende o Concello e a informarcion dada en todo momento sobre o estado das tarefas.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a visita ó Ceip Sagrado Corazón | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez supervisa as obras de urbanización que executa o Concello para o novo colexio Sagrado Corazón
  • Lara Méndez supervisa as obras de urbanización que executa o Concello para o novo colexio Sagrado Corazón

Noticias relacionadas