Lara Méndez sitúa, no 160 Aniversario do Corpo, a protección á comunidade e o benestar da veciñanza como eixes do labor da Policía Local

A rexedora presidiu hoxe os actos de conmemoración que coincidiu, alén, co día da festividade da patroa, María Auxiliadora.

Durante o evento institucional que se organizou no MIHL, a alcaldesa de Lugo puxo en valor o papel dos e das axentes para garantir a convivencia e animounos á seguir avanzando, en colaboración co Concello, na mellora da atención cidadá.

Martes, 24 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez sitúa, no 160 Aniversario do Corpo, a protección á comunidade e o benestar da veciñanza como eixes do labor da Policía Local

A alcaldesa, Lara Méndez, presidiu hoxe os actos de conmemoración do 160 Aniversario da creación da Policía Local de Lugo. Unha destacada efeméride que coincidiu na súa celebración co Día de María Auxiliadora, patroa do Corpo.

A xornada arricou ás 10:30 horas, coa formación da Policía diante da Casa Consistorial, onde a rexedora pasou revista co bastón de mando, acompañada polo Intendente Jesús Piñeiro, nuha cerimonia que se recupera logo de dúas décadas sen escenificarse e á que tamén acudiron os concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno xunto ao resto de representantes da Corporación Municipal e doutras institucións públicas como a Subdelegación do Goberno ou a Delegación da Xunta de Galicia.

No transcurso da mañá, autoridades e resto de participantes asistiron á misa que tivo lugar na Catedral Básilica para honrar á protectora da Policía e logo desprazáronse até o Museo Interactivo da Historia de Lugo na que se desenvolveu o acto institucional.

Durante o evento, a rexedora, Lara Méndez recoñeceu a entrega da Policía Local á súa profesión, “moi dura e esixente, pero así mesmo gratificante e marcada pola vocación ao servizo da cidadanía e de mellora da vida da xente. Unha dedicación que debe ter sempre no seu centro o benestar da nosa veciñanza, xa que o voso compromiso é do de velar sempre polo coidado e protección da comunidade á que escolléstedes servir, Lugo”.

Un Lugo do que sodes unha parte moi importante, porque cando tomades posesión dos vosos postos como traballadores públicos, pechades un pacto coa cidadanía, pacto que se mantén nestes case dous séculos de vida, onde a evolución é clara pero a esencia permanece: o foco no servizo público e os valores humanos”, continuou Méndez.

Aalcaldesa fixo tamén unha mención especial ao Intendente da Xefatura, Jesús Piñeiro, condecoradorecentemente coa Cruz da Orde do Mérito Civil, e asegurou sentirse “moi honrada de presidir unha Policía Local que, por primeira vez en 160 anos, conta con mulleres na cadea de mandos, quero poñer en valor o papel que exercedes para garantir a convivencia veciñal no municipio, un importante cometido no que non podedes decaer”, afirmou ao tempo que brindou a colaboracióndo Concello “dende o que tamén fomos dando pasos para mellorar as condicións laborais da Policía Local, incrementando o número de efectivos, pero tamén posibilitando maiorformación, melloresdotacións e medios materiais modernos e versátiles, co obxectivo de que poidades defender con éxito o voso cometido”, apuntou a rexedora.

Durante o acto, no que se fixo un sentido homenaxe aos axentes caídos, a Policía fixo entrega de diferentes galardóns para recoñecer os servizos prestados tanto polos inspectores como polos oficiais do Corpo local, alén de a representantes doutras forzas e corpos de seguridade e ao persoal doutros organismos e administracións públicas pola axuda prestada á Policía Local de Lugo durante a pandemia.

A continuación, indícase a relación de persoas premiadas:

Medalla de servizos da Policía Local ás e aos seguintes membros do Corpo:

- Cruz de servizos distinguidos á policía Mari Luz Fernández Gegúndez.

- Cruz de servizos distinguidos ao Inspector José Luis Piñeiro Santos.

- Cruz de servizos distinguidos ao Inspector José Manuel Río Espiño.

- Cruz de servizos distinguidos ao Inspector Jesús Candal Rivas.

- Cruz de servizos distinguidos ao Inspector José Antonio Mera López.

- Cruz de servizos distinguidos ao oficial José Maria Vázquez Rivas.

- Cruz de servizos distinguidos ao oficial Eulogio Gay Castro.

- Cruz de servizos distinguidos ao oficial Manuel Ferreiro Rodríguez.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía José Reboredo López.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía Matias Otero Iglesias.

- Cruz de servizs distinguidos ao policía Ramón López López.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía Javier López Rodríguez.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía Antonio Balea Rodríguez.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía Jesús Roibás Candal.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía José Luis Blanco Alonso.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía José Manuel Castro Pena.

- Cruz de servizos distinguidos ao policía Alfonso Salgado Durruti.

Alén, recoñeceuse, a título COLECTIVO, a medalla da Policía Local do Excmo. Concello de Lugo con distintivo vermello, a máis alta condecoración do Corpo á POLICIA LOCAL DE LUGO e, finalmente, para recoñcer o seu traballo, apoio e extraordinaria colaboración co Corpo durante a pandemia foi outorgado un galardón a Inma Estévez, secretaria de Alcaldía; María José Carvallo Ruíz, responsable do servizo de Prevención de Riscos do Concello; Manuel Vázquez Fernández, Interventor do Concello de Lugo; Luis Torres Días, Vicesecretario da Subdelegación do Goberno; Enrique Fraga, ex responsable da Agrupación de Protección Civil de Lugo e á Unidade de Sancións da Policía Local.

Audio

  • Lara Méndez, sobre o 160 Aniversario do Corpo I | Descargar mp3
  • Lara Méndez, sobre o 160 Aniversario do Corpo II | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez sitúa, no 160 Aniversario do Corpo, a protección á comunidade e o benestar da veciñanza como eixes do labor da Policía Local
  • Lara Méndez sitúa, no 160 Aniversario do Corpo, a protección á comunidade e o benestar da veciñanza como eixes do labor da Policía Local

Noticias relacionadas