Lara Méndez reivindica a importancia da investigación científica na presentación da pregoeira Sonia Villapol

A alcaldesa, xunto a pregoeira desta edición, deu o pistoletazo de saída do San Froilán 2023 destacando a súa contribución á investigación no campo da neurociencia.

A rexedora puxo en valor a importancia da comunidade lucense na diáspora e o seu labor para difundir a nosa identidade.

Pola súa banda, a investigadora agradeceu a oportunidade de ser pregoeira e quixo incidir na “importancia de conservar o patrimonio cultural lucense e galego lonxe da nosa terra”.

Xoves, 05 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reivindica a importancia da investigación científica na presentación da pregoeira Sonia Villapol

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu hoxe, xunto á pregoeira Sonia Villapol, o pistoletazo de saída do San Froilán 2023. Durante a súa intervención, onde puxo en valor a gran contribución de Villapol á sociedade no campo da neurociencia, a rexedora reivindicou a importancia do investimento público na investigación científica para mellorar a calidade de vida da cidadanía. “Contar cun sistema sanitario, público e de calidade e situado á vangarda científica e tecnolóxica, é unha das maiores contribucións que as institucións públicas poden facer á sociedade”, destacou Méndez. Ademais, a rexedora fixo fincapé durante a súa presentación da importancia das mulleres investigadoras, xa que “o seu camiño neste ámbito é, se cabe, aínda máis difícil pola súa condición de mulleres”.

Desde o balcón da casa do Concello e ante unha multitude de persoas congregadas na Praza Maior, a rexedora destacou a dimensión das Patronais, que mais aló de ser un patrimonio de Lugo, é unha festa onde toda a cidadanía da provincia pódense ver representados e sentir como propia. “San Froilán é a festa de todas e todos os lucenses e de toda a xente que se achega para impregnarse da súa tradición e vivila como propia”, apunto Méndez, quen puxo en valor a importancia da comunidade lucense na diáspora e o seu labor para difundir a nosa identidade.

“Noutras cidades do país e ao redor de todo o mundo Lugo está presente. É o caso de Sonia Villapol pero tamén doutros moitos e moitas lucenses que, no pasado, tiveron que marchar para desenvolver o seu proxecto profesional lonxe de casa”, destacou Méndez, antes de recomendar ás persoas que visiten a cidade durante as festas que “gocen da xente de Lugo, sen dúbida o noso maior patrimonio”.

Na lectura do pregón estiveron presentes as e os concelleiros do equipo de Goberno e do resto da Corporación municipal, así como autoridades das distintas administracións como o presidente da Deputación, José Tomé; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; o delegado da Xunta, Javier Arias, e o Vicerreitor da USC, Francisco Fraga, entre outros.

Pola súa banda, Sonia Villapol agradeceu a oportunidade de ser pregoeira e quixo incidir na importancia de conservar o patrimonio cultural lucense e galego lonxe da nosa terra. “Asegúrovos que seguirei pregoando Lugo o que me quede de vida e por oitos mares que nos separen”, dixo visiblemente emocionada. Antes da súa intervención, Villapol recibira de mans da alcaldesa unha figura confeccionada por Otero Regal que conmemora a súa condición de pregoeira das Patronais. “Grazas ao Goberno local de Lugo por tender pontes coa diáspora científica”,  concluíu.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, con Sonia Villapol, no pregón do San Froilán| Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez reivindica a importancia da investigación científica na presentación da pregoeira Sonia Villapol
  • Lara Méndez reivindica a importancia da investigación científica na presentación da pregoeira Sonia Villapol

Noticias relacionadas