Lara Méndez recibe a 40 alumnos procedentes de Italia, Alemaña, Francia, Palestina, México e Chile

Sábado, 05 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez recibe a 40 alumnos procedentes de Italia, Alemaña, Francia, Palestina, México e Chile

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este sábado, na casa Consistorial, a preto de 40 alumnos e alumnas de intercambio procedentes de Italia, Alemaña, Francia, Palestina, México e Chile.

A rexedora aproveitou para dar a benvida aos estudiantes convidándoos a “gozar de Lugo, nunha xornada de convivencia para dar a coñecer internacionalmente o patrimonio natural e cultural de Lugo, xa que seredes os perfectos embaixadores da nosa riqueza cultural, gastronómica e patrimonial cando volvades aos vosos países de orixe”.

No encontro explicou que o Goberno Municipal esta a dar pasos para lograr a declaración do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Internacional, polo que “é moi importante para a cidade de Lugo, recibir a alumnos que sen lugar a dúbidas pasarán a ser grandes embaixadores da nosa cidade por todo o mundo” apuntaba a rexedora. Lembrou que no mes de decembro acollíamos tamén, a xornalistas internacionais, visita que se está traducindo agora nunha difusión de alcance mundial, chegando coas súas publicacións sobre a festa a máis de 35 millóns de persoas de todo o continente.

Desa visita xa se editaron máis de 20 publicacións sobre Arde  Lvcvs en países como China, México, Italia, Francia, Bulgaria, Arxentina, Canadá, Líbano, Uruguai, Cuba, Estados Unidos, Porto Rico e varios outros países de Latinoamérica, en medios cunha repercusión moi importante.

A Asociación de Estudantes de Intercambio de Santiago de Compostela é unha asociación universitaria que promove a integración de estudantes de intercambio procedentes de programas de mobilidade nacional e internacional como Erasmus +, SICUE e Convenios bilaterais, que escollen a Universidade de Santiago de Compostela como destino da súa estancia de intercambio.

Multimedia

  • Lara Méndez recibe a 40 alumnos procedentes de Italia, Alemaña, Francia, Palestina, México e Chile

Noticias relacionadas