O alcalde pon en valor a remodelación integral do parque infantil do Sagrado Corazón como vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a socialización nos barrios

Miguel Fernández inaugurou a reforma deste espazo infantil nuns 30 metros de largo, na rúa paralela ao centro de saúde, no que o Concello investiu preto de 100.000 euros.

O rexedor municipal destacou “o avance que esta zona supón para a modernización e a convivencia no barrio” e que se suma ás outras 83 áreas recreativas que hai na cidade.

Na reforma total do parque, perimetrado e valado e con cinco xogos e unha infraestrutura de torre múltiple, se primou a seguridade ademais do desenvolvemento cognitivo e físico.

Xoves, 05 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde pon en valor a remodelación integral do parque infantil do Sagrado Corazón como vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a socialización nos barrios

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, inaugurou esta tarde a remodelación do parque infantil do Sagrado Corazón, acompañado por varios concelleiros e concelleiras do equipo de Goberno e de moitos veciños e veciñas que non quixeron perderse a apertura deste espazo, totalmente reformado. O rexedor municipal puxo en valor “a súa remodelación total, nunha superficie duns 30 metros de largo na rúa paralela ao centro de saúde, como vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a socialización nos barrios”. Ademais, Miguel Fernández destacou que esta zona infantil se suma “ás outras 83 áreas recreativas que hai na cidade”, e fixo fincapé nunha actuación na que “primou a seguridade ademais do desenvolvemento cognitivo e físico, coa implantación de cinco xogos e unha infraestrutura de torre múltiple para un parque perimetrado e valado, no que o Concello de Lugo investiu preto de 100.000 euros”. 

No acto de apertura deste renovado parque infantil, Miguel Fernández sinalou que “o que estamos a facer aquí hoxe é mellorar a calidade de vida da veciñanza, crear espazos cómodos, seguros e acolledores que favorezan a convivencia, o encontro e o bo ambiente”. Para o alcalde de Lugo, “espazos como este son fundamentais para o crecemento das nosas crianzas, pero tamén para fomentar a socialización, o encontro e a mellora das relacións entre os veciños e veciñas”.

As obras de remodelación, que se desenvolveron ao longo dun mes, supuxo a instalación dunha torre múltiple con redes, tobogáns, paneis lúdicos, columpios e un chan especial de caucho, seguro e respectuoso co medio ambiente. Ademais, co obxectivo de salvar o desnivel da propia rúa, o parque presenta varios elementos integrados como un tobogán, unha zona de escaleiras e unha rampla de escalada con presas.

A seguridade, confortabilidade e durabilidade do solo coidouse ao máximo e por iso instalarase un pavimento de caucho continuo, con revestimento decorativo, respectuoso co medio ambiente e con propiedades antiescorregadizas e outras características técnicas que garanten unha longa durabilidade e boa resposta ao uso á intemperie.

Este parque do Sagrado Corazón súmase aos máis de 80 espazos de lecer que hai na cidade, un feito que segundo lembrou o alcalde “implica un traballo constante, sostido no tempo, e tamén un importante esforzo de mantemento e conservación”. De feito, nos últimos dez anos, este compromiso traducíuse nun investimento de máis de 1,7 millóns de euros en 18 parques infantís, incluíndo creacións novas, ampliacións, coberturas e renovacións integrais.

Por último, o rexedor municipal destacou que con iniciativas e actuacións como esta “seguimos avanzando no noso obxectivo de facer de Lugo unha cidade pensada para as persoas, e sobre todo para as máis pequenas, porque tamén con elas construímos un futuro mellor”.

Multimedia

  • O alcalde pon en valor a remodelación integral do parque infantil do Sagrado Corazón como vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a socialización nos barrios
  • O alcalde pon en valor a remodelación integral do parque infantil do Sagrado Corazón como vía para mellorar a calidade de vida da veciñanza e favorecer a socialización nos barrios

Noticias relacionadas