Asociacións artesanais; o fauno; a residencia da Milagrosa; Civitas Limicorum, de Xinzo de Limia, e a funcionaria María José Pena, Civitas Honoris deste ano

A organización do Arde Lvcvs distinguiu aos colectivos Mulleres de Insua, Corazóns Artesáns e Bolboreta Fiandeira polo seu compromiso por manter os oficios artesanais.

A residencia de Maiores da Milagrosa foi recoñecida pola súa implicación coa festa; ao igual que o coruñés Antón Coto Valladares, o eterno fauno do Arde Lvcvs.

Premiouse á asociación ourensana, que celebra os seus 25 anos, e á traballadora da área de Xuventude e Deportes, polo seu esforzo desde a primeira edición da festa lucense.

Sábado, 14 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Asociacións artesanais; o fauno; a residencia da Milagrosa; Civitas Limicorum, de Xinzo de Limia, e a funcionaria María José Pena, Civitas Honoris deste ano

A alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu a entrega dos Civitas Honoris deste 2025, cos que se quere distinguir o traballo e compromiso de colectivos e particulares co Arde Lvcvs e a súa implicación coa festa. Nesta edición se quixo recoñecer a varias asociacións de oficios artesanais; ao fauno; á residencia de maiores da Milagrosa; á asociación de Xinzo de Limia, Civitas Limicorum, e á funcionaria da área de Xuventude e Deportes, María José Pena Lage.

Precisamente, estes dous últimos premios, serviron para recoñecer, tanto a nivel colectivo como individual a implicación máxima desde a primeira edición do Arde Lvcvs e o traballo infatigable. Por unha banda, da asociación Cívitas Limicorum, de Xinzo de Limia, que foi a primeira lexión romana que desfilou no Arde Lvcvs. Desde os inicios do Arde ambas festas foron da man, con distintas festas de recreación histórica, pero compartindo obxectivos e compañeirismo, e cunha relación de irmandamento entre o seu Festa do Esquecemento, que este ano celebra o seu 25 aniversario, e o Arde Lvcvs. Tamén a petición das asociacións de recreación histórica de Lugo se distinguiu á traballadora da área de Xuventude e Deporte, María José Pena Lage, quen traballou na preparación e organización desta festa desde a primeira edición, e a quen todos os colectivos vinculados ao Arde Lvcvs ven como a auténtica alma mater deste evento.

Ademais, este ano a organización do evento de recreación histórica quixo recoñecer o esforzo de varios colectivos de oficios artesanais que traballan para conservar o legado artesanal, para transmitir os antigos oficios ás novas xeracións e manter viva parte da memoria, con demostracións en vivo, como as que se levan a cabo nesta festa, no Macellum da Praza Maior. Así, foron recoñecidas cos premios Honoris Cívitas a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua, de Vilalba, que desde 2008 traballa pola recuperación e o mantemento da artesanía tradicional do liño e que foi ademais o primeiro colectivo deste tipo en facer demostracións en vivo no Arde Lvcvs.

Tamén neste mesmo apartado, foron distinguidas a Asociación Corazóns Artesáns, que desde 2010 promove os traballos artesanais e que investiga sobre as tarefas que forman parte da cultura popular lucense, e ao colectivo Bolboreta Fiandeira, que leva unha década poñendo en valor o oficio de fiar a la e o liño, ademais de contar con múltiples actividades centradas na música e o canto tradicionais.

A implicación de colectivos e particulares na festa tamén recibiron a distinción dos premios Civitas Honoris deste ano, co recoñecemento á residencia de maiores da Milagrosa, cuxos residentes, que todos os anos engalanan a fachada deste centro e realizan unha decoración artesanal, á altura do Arde Lvcvs. De xeito individual se premiou a Antón Coto Valladares, o eterno Fauno do Arde Lvcvs. Este veciño de Coirós (A Coruña) leva desde a primeira edición da subido aos seus zancos, sendo referencia da animación na rúa.

Recepción ás tropas estranxeiras

Antes da entrega destas distincións, o alcalde, Miguel Fernández, fixo a tradicional recepción ás tropas estranxeiras que este ano chegaron procedentes de Cartagena, Asturias, Portugal, Mérida, Cantabria, Ourense, León y La Rioja. Durante esta intervención o rexedor sinalou que “como lucense e como alcalde de Lugo é unha inmensa honra recibir aos pobos galaicos, ás lexións romanas e ás xentes chegadas dos máis afastados confíns da terra. Un ano máis a muralla romana, que este ano cumpre o seu 25 aniversario como patrimonio da humanidade, abre as súas portas ao mundo para participar en noso Arde Lvcvs, contribuír a engrandecer esta Festa de Interese Turístico Internacional e formar parte da exaltación da nosa identidade e da conmemoración das orixes de Lucus Augusti”.

Ademais, Miguel Fernández agradeceu “de forma moi especial o traballo e a participación das 19 asociacións de recreación histórica de Lugo, dos pobos e lexións tanto de aquí como de fóra das nosas fronteiras”, e fixo fincapé en que “esta é a festa do pobo. Cun grao de implicación e complicidade de toda a cidade. Porque o Arde Lucus somos todas e todos: un evento no que presumimos da nosa identidade, das nosas raíces e do noso legado galaico romano”.

Multimedia

  • Asociacións artesanais; o fauno; a residencia da Milagrosa; Civitas Limicorum, de Xinzo de Limia, e a funcionaria María José Pena, Civitas Honoris deste ano

Noticias relacionadas