Lara Méndez propón que Lugo se incorpore ao Pacto de Alcaldes, a maior rede mundial de cidades para loitar contra o cambio climático

A Alcaldesa propuxo este luns na Xunta de Voceiros a adhesión do Concello a esta iniciativa, que busca desenvolver plans de acción e orientar os investimentos cara a atenuación dos efectos do quentamento global

Luns, 27 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez propón que Lugo se incorpore ao Pacto de Alcaldes, a maior rede mundial de cidades para loitar contra o cambio climático

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, propuxo este luns na Xunta de Voceiros previa ao Pleno ordinario do xoves a adhesión do Concello de Lugo á iniciativa Pacto de Alcaldes Integrado polo clima e a enerxía, a maior rede mundial de cidades para loitar contra o cambio climático e paliar os seus efectos. Trátase dun movemento único, que conseguiu mobilizar a un gran número de autoridades locais e rexionais, para desenvolver plans de acción e orientar as inversións cara a atenuación dos efectos do quentamento global. De estar todos os grupos municipais de acordo, a proposta aprobarase na vindeira sesión plenaria.

Coa incorporación nesta rede, Lugo manifesta a vontade de avanzar cara ao establecemento de políticas eficaces para reducir a contaminación, mediante a adopción de programas de aforro e eficiencia enerxética en ámbitos de actuación municipal, ademais da promoción de fontes de enerxía renovables. Asume tamén a adopción de medidas e accións de reducción e adaptación ante o quentamento global. Particularmente, coa incorporación a este Pacto, a entidade local responsabilízase en reducir como mínimo nun 40% as emisións de gas invernadoiro, a aumentar a contribución das enerxías renovables ata o 27%, así como a reducir as emisións en polo menos un 40%. Así mesmo, comprométese a aumentar a resiliencia das cidades fronte ao cambio climático e a mellorar o intercambio de información e experiencias entre autoridades locais.

Segundo explicou a rexedora, estas políticas poden contribuír a lograr un municipio exemplar na transición cara un novo modelo enerxético e económico máis respectuoso con planeta e coa sociedade, ademais de impulsar proxectos e investimentos destinados a xerar emprego e benestar para a poboación. Con esta adhesión, o Goberno traballará de xeito decidido e sen vacilar na consecución dos compromisos que se asumen neste pacto, implicando ademais a toda a cidadanía, para frear o cambio climático e paliar os seus efectos, ao tempo que avanzamos cara a unha cidade máis sostible.

Noticias relacionadas