Lara Méndez preside a toma de posesión de 16 novos axentes da Policía Local, que se incorporan ao corpo tralo período de prácticas

Luns, 07 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez preside a toma de posesión de 16 novos axentes da Policía Local, que se incorporan ao corpo tralo período de prácticas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns o acto de toma de posesión de dezaseis novos axentes da Policía Local, que se incorporan á Xefatura Lucense tras superar o período de prácticas. O acto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello e nel tamén participou a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, e o Inspector Xefe, Jesús Piñeiro.

Lara Méndez aproveitou a cerimonia para dárllela benvida aos axentes, aos que desexou “sorte e acertos no seu cometido” e quixo agradecer á Policía Local “o labor que levan realizado todos estes meses, nos que, sen desatender o resto de tarefas, mantiveron unha especial vixilancia sobre o control das restriccións e o cumprimento das recomendacións sanitarias impostas pola crise sanitaria”, concluíu a rexedora.

Multimedia

  • Lara Méndez preside a toma de posesión de 16 novos axentes da Policía Local, que se incorporan ao corpo tralo período de prácticas

Noticias relacionadas