Domingo, 24 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto a membros do executivo municipal participou este domingo nos actos organizados pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama, que consistiron no reparto de plantas, a un prezo simbólico, para recadar fondos para o colectivo.
O lema deste ano, #SACAPECHO, pretende facer referencia ao orgullo e afouteza, especialmente das mulleres “pero tamén das súas familias, porque sacar peito é acción, é movemento, é actuar con decisión e defender e apoiar a todas as persoas que se senten vulnerables fronte a esta enfermidade”, destacou a rexedora.