Lara Méndez participa no 50 aniversario da primeira promoción de enxeñeiros agrícolas do campus de Lugo

Durante o mesmo, descubriuse unha placa conmemorativa no monólito situado no Recanto da Saudade, fronte á Biblioteca Intercentros

Sábado, 21 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa no 50 aniversario da primeira promoción de enxeñeiros agrícolas do campus de Lugo

A alcaldesa, Lara Méndez, participou este sábado no acto conmemorativo do 50 aniversario da primeira promoción de enxeñeiros agrícolas do campus de Lugo, organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC. Durante o mesmo, descubriuse unha placa conmemorativa no monólito situado no Recanto da Saudade, fronte á Biblioteca Intercentros. A rexedora tivo unha intervención emotiva, pois cursou os seus estudos superiores nesta facultade.

A primeira promoción de alumnos da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola, formada por 44 persoas, rematou os seus estudos en 1970. Dende entón, máis de 5.000 alumnos e alumnas pasaron pola escola do Campus Terra. No evento tamén participaron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Válcarcel, e a Xefa Territorial da Consellería de Medio Rural da Xunta, Olga Iglesias Fontal, entre outras autoridades.

Noticias relacionadas