Lara Méndez felicita ao Hospital Polusa polo seu 35 aniversario

Venres, 30 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez felicita ao Hospital Polusa polo seu 35 aniversario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este venres á clausura do ciclo de conferencias organizadas polo Hospital Polusa con motivo do seu 35 aniversario. No acto, no que tamén participaron o Director Xerente do centro hospitalario, Justo Jorge López, o presidente do Consello de Administración de dito hospital, Manuel Alba Fernández, e o Conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez, a rexedora definiu este centro como un gran viveiro de coñecemento médico e como un hospital de referencia non só na capital, senón tamén na provincia e incluso en Galicia.

Lara Méndez felicitou á dirección polo 35 aniversario e agradeceu aos traballadores de Polusa por prestar un servizo excepcional ao longo de todo o ano. Nesta liña convidounos a seguir velando pola saúde dos lucenses.

Noticias relacionadas