Lara Méndez e Carmen Basadre acompañan á APHEL nos actos do seu 40 aniversario

"Grazas ao traballo de agrupacións como esta, grandes dinamizadores do noso territorio tanto económica como socialmente, logramos pór a Lugo no mapa. Moita xente vén a Lugo pola nosa gastronomía", asegurou a Alcaldesa no acto

Mércores, 22 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Carmen Basadre acompañan á APHEL nos actos do seu 40 aniversario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entre outras autoridades, participaron este mércores no acto de conmemoración do 40º Aniversario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APHEL), que agrupa a uns 800 profesionais na provincia.

No acto, no que tamén participou o presidente da Federación Española de Hostelería e Restauración, José Luis Yzuel e que tivo lugar no IES Sanxillao de Lugo, lembráronse os inicios da asociación e fíxose un repaso polos logros acadados polo colectivo. Así mesmo adelantáronse os retos de futuro.  

Méndez fixo entrega dunha distinción do colectivo a Santiago Argüeso, gran colaborador no proceso de consistución e apoio fundamental para o primeiro presidente da APHEL, Manuel González. Tamén foron homenaxeados Alberto García, do Mesón de Alberto, de Lugo; José Luis Loureiro, hostaleiro de Sarria e presidente da APEHL dende 1983 a 1986 e Ángel López-Leitón, do Hotel Leytón, de Foz.

Tras a entrega das figuras conmemorativas, o presidente da APHEL, Cheché Real lembrou a todos aquel que puxeron o seu grán de area ao longo destes 40 anos, que fixeron posible que hoxe a APHEL sexa o que sexa. Ademais destacou o que sigue sendo o principal obxectivo do coelctivo, dar servizo e asistencia aos socios, así como subliñou a importancia do asociacionsimo para o sector.

Lara Méndez, tras felicitar a todos os homenaxeados, engadiu que "grazas ao traballo de agrupacións como esta, grandes dinamizadores do noso territorio tanto económica como socialmente, logramos pór a Lugo no mapa. Moita xente vén a Lugo pola nosa gastronomía".

Pola súa banda, Darío Campos alabou o traballo feito pola asociación e apuntou que se debe seguir traballando para que Lugo sexa recoñecido non solo no resto de España, senón no resto do mundo.

O acto rematou coa proxección dun vídeo titulado Orgullosos de ser hostaleiros e cunha degustación de produtos das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Lugo, elaborada polo alumnado de hostalería do IES Sanxillao.

Noticias relacionadas