A área de xogos se ubica na mesa zona que a que estaba antes da obra de peonalización da praza, tal e como pediron os veciños
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, acudiron esta mañá a Praza da Milagrosa para supervisar a instalación do novo parque infantil, que substituirá ao que xa existía con anterioridade á obra de peonalización e de mellora deste espazo público.
A rexedora e o edil déronlle indicacións aos técnicos para que os xogos se volvesen a colocar no seu espazo orixinal, dando así resposta á peticións da veciñanza do barrio. Tamén tiveron a ocasión de explicarlle esta actuación ás persoas que se interesaron pola obra.
Os elementos do parque infantil comezaron a colocarse esta mesma tarde.
A actuación foi contratada cun orzamento de 20.712 euros á Calfesa Proyectos, ao considerar á Mesa de Contratación que presentou a oferta con máis contido e más integrada desde o punto de vista arquitectónico e paisaxístico.
A empresa deberá, ademais, incrementar as frecuencias esixidas de inspeccións ao parque infantil, tanto de maneira ocular como funcional de xeito semanal, así como anual. Tamén desenvolverá o mantemento integral durante seis anos, catro máis que os esixidos nos pregos de condicións.
O Concello de Lugo continúa así a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores. O número total de parques infantís de Lugo ascende a 74.