Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez e Alvaro Santos supervisaron a instalación do parque infantil da Praza A Milagrosa, que comezou esta tarde

Lara Méndez e Alvaro Santos supervisaron a instalación do parque infantil da Praza A Milagrosa, que comezou esta tarde

A área de xogos se ubica na mesa zona que a que estaba antes da obra de peonalización da praza, tal e como pediron os veciños

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio ambiente
Martes, 10 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Alvaro Santos supervisaron a instalación do parque infantil da Praza A Milagrosa, que comezou esta tarde

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, acudiron esta mañá a Praza da Milagrosa para supervisar a instalación do novo parque infantil, que substituirá ao que xa existía con anterioridade á obra de peonalización e de mellora deste espazo público.

A rexedora e o edil déronlle indicacións aos técnicos para que os xogos se volvesen a colocar no seu espazo orixinal, dando así resposta á peticións da veciñanza do barrio. Tamén tiveron a ocasión de explicarlle esta actuación ás persoas que se interesaron pola obra.

Os elementos do parque infantil comezaron a colocarse esta mesma tarde.

A actuación foi contratada cun orzamento de 20.712 euros á Calfesa Proyectos,  ao considerar á Mesa de Contratación que presentou a oferta con máis contido e más integrada desde o punto de vista arquitectónico e paisaxístico.

A empresa deberá, ademais, incrementar as frecuencias esixidas de inspeccións ao parque infantil, tanto de maneira ocular como funcional de xeito semanal, así como anual. Tamén desenvolverá o mantemento integral durante seis anos, catro máis que os esixidos nos pregos de condicións.

O Concello de Lugo continúa así a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores. O número total de parques infantís de Lugo ascende a 74.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-e-alvaro-santos-supervisaron-instalacion-do-parque-infantil-da-praza-milagrosa-que