Lara Méndez avanza que se espera que participen 30.000 personas nesta segunda edición

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiron este venres no Salón de Comisións do Concello a Xunta Local de Seguridade co fin de preparar e coordinar os dispositivos organizados da segunda edición do Caudal Fest e ó do San Froilán.
No caso do festival, a súa celebración será o próximo fin de semana no parque do Pazo de Feiras e Congresos no entornodo río Miño.
Lara Méndez avanza que se espera que participen 30.000 personas nesta segunda edición.
O dispositivo do Caudal Fest contempla o primeiro día, o venres, unha dotación de bombeiros, ademais de cinco patrullas da Policia local e unha de atestados, aumentando o sábado a seis patrullas da Policia Local e unha unidade de atestados, ademais de contar nas inmediacións cos efectivos necesarios para a regulación do tráfico.
O operativo reforzarase con efectivos da Policia Nacional.
A empresa organizadora do Caudal Fest tamén reforzará o dispositivo de seguridade municipal con corenta e catro vixilantes de acceso ó recinto, ademais de vintedous vixilantes de seguridade.
Lara Méndez comentou que “queremos que sexan unhos días de festividade e de lecer entre os veciños e veciñas da nosa cidade e de todos os visitantes que nos acompañen, que serán moitos, pero contando coa máxima seguridade posible”
Na festividade do San Froilán, os efectivos para garantir a seguridade será de dúas patrullas permanentes de Policía Local na zona do recinto ferial, reforzando a tres patrullas os festivos e fins de semana e outras dúas patrullas, que aumentarán a tres nos mesmos casos nas zonas de maior afluencia de público. Ademais, moveranse dúas parexas de membros Policia Local nos cortes da Ronda atendendo a Ramón Ferreiro.