Lara Méndez: “A Copa da Raíña de Voleibol será un revulsivo económico e daralle visibilidade ao deporte e as nosas potencialidades turísticas”

Lugo acolle por primeira vez a competición máis antiga de España, co Emevé como anfitrión e a participación dos 6 mellores equipos ao final da primeira volta da liga Iberdrola.

A alcaldesa convidou a toda a cidadanía a animar ás xogadoras do equipo local, “que son un exemplo de impulso do deporte feminino e inclusivo, e un espello onde mirar”.

Martes, 18 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “A Copa da Raíña de Voleibol será un revulsivo económico e daralle visibilidade ao deporte e as nosas potencialidades turísticas”

A Alcaldesa, Lara Méndez, lanzou unha mensaxe de sentimento de orgullo de cidade e dos equipos locais durante a presentación hoxe da Copa da Raíña de Voleibol, a competición más antiga deste deporte en España e que recala en Lugo por primeira. “Este torneo suporá un importante revulsivo económico da cidade e dará visibilidade ao traballo do deporte local pero tamén de toda a nosa potencialidade turística xa que será un escaparate magnífico cara o mundo”, sostivo a rexedora.

A Copa da Raíña de Voleibol, que se disputará entre os días 11 y 13 de febreiro no Pavillón Municipal, terá como anfitrión ao Emevé, “un exemplo magnífico de como o amor da familia Bouza polo deporte elevou ao equipo desde a base, a canteira, ata o mellor deporte de elite de España” destacou, incidindo, ademais, “na especial sensibilidade e impulso que están a desenvolver por fomentar o deporte feminino e inclusivo, ademais de pola conciliación familiar no ámbito deportivo”.

A rexedora resaltou a importante aposta do Concello de Lugo, que patrocina esta competición desde a área de Deportes, por potenciar todas as modalidades deportivas “investindo máis de 3 millóns de euros anuais así como apoiando aos clubs e ao talento con axudas de máis de 600.000 euros, porque cremos nos firmes valores do deporte, do traballo en equipo e do esforzo, así como na creación de hábitos de vida saudable acorde co modelo de cidade verde e sostible no que estamos a traballar”.

Lara Méndez animou a toda a afección lucenses a apoiar ao Emevé neste Copa e transmitiu ás xogadoras e ao equipo técnico e directivo, así como aos patrocinadores, "o sentimento de orgullo que ten Lugo polos éxitos que estades a lograr. Sodes un exemplo para moitas mozas e mozos e xornada tras xornada facedes felices a moitas familias e a moitos cidadáns de Lugo".

Os e as lucenses poderán ver xogar aos mellores equipos durante dos tres días que dura o torneo, Arenal Emevé Lugo, CV Gran Canaria Urbaser, CV Kiele Socuéllamos, Sanaya Libby’s La Laguna, DSV Sant Cugat e Osacc Haro Rioja.

O acto de presentación contou ca presenza de Mauricio Repetto, Concelleiro de Deportes de Lugo; José Tomé, Presidente deputación de Lugo; José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, e Jose Ángel Luna, presidente da Federación Galega de Voleibol. En representación do Emevé interveu no acto cunhas palabras Bibi Bouza, presidenta do Arenal Emevé.

Unha vez concluíse o acto de presentación tamén tivo lugar o sorteo das semifinais da Copa da Raíña, exercendo de mans inocentes a alcaldesa de Lugo e demais autoridades, para repartir sorte a catro dos seis equipos participantes.

Emevé

O Emevé converteuse nun emblema de Lugo dende a súa fundación da man da familia Bouza no ano 1981 ata hoxe, pola súa traxectoria de traballo, ilusión, esforzo, iniciativa, polos seus logros deportivos, pero tamén polo seu compromiso social. Exemplo: a vontade de crear un equipo de volei adaptado, formado por persoas con discapacidade, unha idea pioneira no deporte do Norte da Península.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Copa da Raíña de Voleibol | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez: “A Copa da Raíña de Voleibol será un revulsivo económico e daralle visibilidade ao deporte e as nosas potencialidades turísticas”
  • Lara Méndez: “A Copa da Raíña de Voleibol será un revulsivo económico e daralle visibilidade ao deporte e as nosas potencialidades turísticas”

Noticias relacionadas