Lara Méndez convida a participar este sábado no primeiro magosto que se desenvolverá no novo pulmón verde LIFE das Gándaras

O alcaldesa de Lugo tamén dará a coñecer ese día nunha visita guiada os proxectos que se desenvolven neste espazo, vinculados co deseño das cidades sostibles do futuro

Venres, 13 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá, a partir das 12:00 horas terá lugar unha visita guiada e aberta a toda a veciñanza ao novo pulmón verde da cidade creado nas Gándaras, que finalizará ás 13.00 horas cun  magosto, o primeiro que se organiza nesta zona.

A alcaldesa Lara Méndez convida á cidadanía a participar e a coñecer, da man dos expertos do Campus Terra, os proxectos que alí se desenvolven no marco da estratexia LIFE, coa que Lugo deseña as cidades sostibles do futuro utilizando a madeira como elemento estrutural das edificacións.

Así, está previsto percorrer os diferentes puntos de actuación do proxecto, como o Arboretum, a plantación de frondosas ou o humidal, un roteiro que  finalizará na carpa instalada na zoa do Souto, onde se repartirán castañas entre os asistentes.

Noticias relacionadas