A segunda das actuacións terá lugar este mércores, 20 de xullo,ás 20.30 horas,na igrexa parroquial de San Miguel de Bacurín.

O Goberno de Lara Méndez, convida á cidadanía a asistir ao segundo concerto incluído na programación de ‘Música no Camiño Primitivo’, iniciativa organizada pola Diocese de Lugo, na que o Concello de Lugo colabora “por fomentar a cultura e as artes, ao seu paso por diferentes localizacións do termo rural” apuntaba a rexedora.
A alcaldesa de Lugo, explicou que “apostamos por iniciativas implicadas no fomento da cultura e das artes co propósito de aproximar todo o noso talento e o patrimonio cultural, histórico e arquitectónico que posuímos para poñer en valor ao rural e ás parroquias que o integran”.
Os demais concertos serán:
- Mércores 27 de xullo, ás 21.00 horas, na igrexa parroquial de San Vicente do Burgo.
- Mércores 3 de agosto, ás 21.00 horas, na igrexa parroquial de San Martiño de Poutomillos.
- Mércores 10 de agosto, ás 21.00 horas na Catedral de Santa María.