Lara Méndez busca fondos NEXT Generation para crear o Museo da Romanización en San Fernando, “obxectivo irrenunciable de Lugo”

Sábado, 19 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez busca fondos NEXT Generation para crear o Museo da Romanización en San Fernando, “obxectivo irrenunciable de Lugo”
A alcaldesa mantivo unha reunión con David Lucas, Secretario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda do MITMA, quen amosou a máxima vontade de colaboración do Goberno central.
 
Concello e Ministerio abren unha vía directa de comunicación para avanzar na captación de investimentos para o proxecto, “que debe dar pé a que a Xunta cumpra o seu compromiso”.
 
Méndez di que a cidade “non pode perder a oportunidade de situarse como centro cultural referente do pasado romano de Galicia e do noroeste peninsular”.
 
O Museo, di a rexedora, “debe ser clave para a recuperación económica apuntalando un turismo de calidade, no que traballamos xa coa creación de redes galegas e nacionais”.
 
“Que Lugo sexa o referente galego e do noroeste español en conservación, investigación e divulgación do pasado romano a través da creación do Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando é un obxectivo de cidade que o Goberno local e a sociedade lucense consideramos irrenunciable”, pese a paralización do mesmo por parte da Xunta de Galicia hai 9 anos. 
 
Así llo trasladou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a David Lucas, Secretario Xeral de Axenda Urbana e Vivenda, con quen mantivo unha reunión nas dependencias ministeriais para analizar as posibilidades de financiamento desta obra ´- que xa dispón dun proxecto de rehabilitación do edificio declarado BIC -, a través dos fondos europeos NETX Generation ou doutras liñas de financiamento do Goberno central.
 
“Lugo non pode perder a oportunidade de protexer a enorme riqueza do seu patrimonio e tampouco de situarse como centro referenciado de atracción dun turismo cultural de calidade, o que impulsaría, asemade, á nosa dinamización económica, más necesaria que nunca nesta recuperación postpandemia”, avanzo a rexedora. Neste senso, destacou que Lugo está xa traballando na creación de redes turísticas culturais galegas e nacionais, “nas que o Museo en San Fernando, situado no centro da cidade amurallada romana, será clave para apuntalar este obxectivo”.
 
“Falamos dun investimento mínimo de 10 millóns de euros só na rehabilitación do edificio, que o Goberno local difícilmente pode asumir en solitario, é máxime cando falamos de que a Xunta é a propietaria dos restos arqueolóxicos e de que é súa a competencia de conservalos”, sostivo a alcaldesa.
 
Lara Méndez entregoulle David Lucas a documentación sobre o proxecto, polo que Lugo leva loitando de maneira unánime da súa poboación desde hai máis de 14 anos. Lembrou que “no Concello de Lugo custodiamos máis de 15.000 pezas arqueolóxicas nas nosas dependencias, pero son só unha parte das miles que están dispersas nunha ducia de instalacións doutras administracións e incluso en domicilios privados de arqueólogos”. 
 
Para a súa posta en valor, estes restos precisan dun inventariado rigoroso e dun lugar de referencia para o seu estudo e exposición xa que a súa ausencia está a dificultar o impulso da investigación e a conservación dos xacementos, así como o desenvolvemento de actividades divulgativas, educativas e turísticas que esixen centralizar e unificar nun mesmo espazo o seu almacenamento e salvagarda.
 
Na reunión, David Lucas amosou a total colaboración do Goberno central e do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma). O Concello de Lugo e o Ministerio abriron unha vía directa de comunicación para avanzar na captación de fondos. “Esta captación debe dar pé a que a Xunta cumpra cos seus compromisos para a creación deste Museo, importantísimo para Lugo e tamén para Galicia”, incidiu Lara Méndez.

Noticias relacionadas