Lara Méndez asiste á inauguración da IV edición da exposición Educación en Feminino: Un paseo pola historia

Martes, 09 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste á inauguración da IV edición da exposición Educación en Feminino : Un paseo pola historia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu á inauguración da IV edición da exposición Educación en Feminino : Un paseo pola historia, presentación realizada polo alumnado da materia “Teoría e Historia da Educación Escolar” de 1º curso do Grao de Primaria e do Dobre Grao Infantil+Primaria, do presente ano académico.

A alcaldesa fixo referencia a este ano, marcado pola pandemia, destacando o carácter proactivo de Lugo na consecución da igualdade de xénero poñendo de manifesto os esforzos realizados por moitas mulleres, antecesoras, que mesmo deixaron a súa vida no camiño.

Lara Méndez lembrou que “este ano 2021 conmemoramos os 90 anos da conquista do voto das mulleres neste país que debemos agradecer á valentía e o lanzo de Clara Campoamor, xa que co voto feminino completamos a nosa democracia e coa democracia, as mulleres foron desde o primeiro momento conscientes de que tiñan ante elas unha extraordinaria oportunidade e que era froito do que traballaran outras antes”.

Noticias relacionadas