A Guardia Pretoriana marcha de peregrinación a Santiago para atraer visitantes ao Arde Lvcvs

Carmen Basadre despediu ás tropas, que partiron da Praza Pio XXI este mediodía. Realizarán o camiño 5 en etapas, chegando á Praza do Obradoiro en formación o vindeiro martes, ás 12:00 horas

Venres, 13 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Guardia Pretoriana marcha de peregrinación a Santiago para atraer visitantes ao Arde Lvcvs

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, despediu este venres ás tropas da Guardia Pretoriana, que partiron este mediodía da Praza Pío XXI para realizar o Camiño de Santiago e promover ao mesmo tempo o Arde Lvcvs. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, posta en marcha polo Concello, en colaboración coas asociacións de recreación histórica da cidade, para quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño.

A Guardia Pretoriana recorrerá o camiño en 5 etapas, chegando á Praza do Obradoiro o martes, 17 de maio, ás 12:00 horas. A primeira delas será de Lugo a Ferreira, a segunda, de Ferreira a Boente, a terceira de Boente a Pedrouzo e a cuarta de Pedrouzo ao Monte do Gozo. Durante o camiño os membros da Guardia Pretoriana irán caracterizados de romanos, entrando en formación en Santiago.

Multimedia

Noticias relacionadas