Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

A concellería busca colaborar con distintas entidades para ofertar aos centros de ensino charlas sobre diversidade

O concelleiro de educación mantivo unha xuntanza coa asociación ARELAS

Luns, 02 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza coa asociación de familias de menores trans ARELAS. Segundo indicou Felipe Rivas, “o obxectivo desta xuntanza é iniciar a colaboración con entidades e asociacións para conseguir centros de ensino libres de armarios”.

“A nosa intención é achegar á mocidade información sobre a transexualidade, un punto cego da educación afectivo sexual que parece seguir a ser tabú”, indicou Felipe Rivas, que engadiu “pretendemos achegar á mocidade información para evitar o rexeitamento ao descoñecido e camiñar de cara a calquera opción afectiva”.

Felipe Rivas indicou que “seguiremos contactando con diversos colectivos para ter, para o vindeiro curso, unha ampla oferta de programación para os centros de ensino que a desexen”.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a educación da igualdade| Descargar mp3

Multimedia

  • Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

Noticias relacionadas