Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

A concellería busca colaborar con distintas entidades para ofertar aos centros de ensino charlas sobre diversidade

O concelleiro de educación mantivo unha xuntanza coa asociación ARELAS

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Igualdade,
    • Linguaxe sexista,
    • Igualdade de dereitos
Luns, 02 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas: “queremos eliminar tabús sobre a transexualidade nos centros de ensino”

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza coa asociación de familias de menores trans ARELAS. Segundo indicou Felipe Rivas, “o obxectivo desta xuntanza é iniciar a colaboración con entidades e asociacións para conseguir centros de ensino libres de armarios”.

“A nosa intención é achegar á mocidade información sobre a transexualidade, un punto cego da educación afectivo sexual que parece seguir a ser tabú”, indicou Felipe Rivas, que engadiu “pretendemos achegar á mocidade información para evitar o rexeitamento ao descoñecido e camiñar de cara a calquera opción afectiva”.

Felipe Rivas indicou que “seguiremos contactando con diversos colectivos para ter, para o vindeiro curso, unha ampla oferta de programación para os centros de ensino que a desexen”.

Audio

  • O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a educación da igualdade| Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/felipe-rivas-queremos-eliminar-tabus-sobre-transexualidade-nos-centros-de-ensino

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200302_felipe_rivas_xuntanza_arelas.mp3