A exposición O Ártico rómpese chega a Lugo cun cento de fotografías de Antoni Canela

Lara Méndez, Fernando Garza e Toni Pou inauguraron esta mostra organizada pola Obra Social La Caixa e que se poderá ver na Praza Horta do Seminario ata o 20 de xaneiro

Mércores, 21 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición O Ártico rómpese chega a Lugo cun cento de fotografías de Antoni Canela

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director da Área de Negocio de La Caixa en Galicia Oriental, Fernando Garza, e o comisario da mostra, Toni Pou, inauguraron este mércores na Praza Horta do Seminario a exposición O Ártico rómpese, que ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo Norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas características físicas e a súa diversidade.

A Alcaldesa felicitou á Obra Social la Caixa “pola organización desta mostra dirixida a todos os públicos, invitando a tomar conciencia da importancia dos ecosistemas e de poñer o noso grao de area contra o quecemento global”. A rexedora tamén lembrou que concienciados coa protección da natureza, “decidimos crear neste mandato unha concellería específica de Desenvolvemento Sostible, da que depende tanto medio ambiente como urbanismo, porque cremos que a xestión urbanística debe estar unida ao medio ambiente para conseguir un crecemento equilibrado, racional e sostible”.

Esta exposición, que se poderá ver na praza Horta do Seminario ata o 20 de xaneiro, está composta por un cento de fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela. As instantáneas deste vasto, inhóspito e impresionante territorio, realizadas expresamente para a mostra, permitiranlles aos visitantes percorrer os 200 metros cadrados que ocupa.

Noticias relacionadas