Entra en funcionamento o novo parque infantil situado na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández,  supervisou esta mañá a entrada en funcionamento da zona de xogos  realizada con materiais reciclados e ecolóxicos.

“Con esta iniciativa avanzamos na modernización deste tipo de instalacións cuxa importancia, máis aló de ser espazos para a convivencia e de lecer, radica na súa capacidade para o desenvolvemento cognitivo e físico das crinzas”, sinalou Alvarellos.

O proxecto, que contou cun investimento de preto de 90.000 euros,  atesoura varios selos  disitntivos de calidade e equipa xogos como o supernova, con  éxtio contrastado en outras zonas da cidade, como Campo Castelo.

Mércores, 24 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entra en funcionamento o novo parque infantil situado na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada polo edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández,  supervisou esta mañá a entrada en funcionamento do novo paque infantil situado na rúa Gallego Tato, no corazón do barrio da Piringalla. Esta instalación foi sometida ao longo das últimas semanas a unha renovación integral que responde ao compromiso do Goberno Local coa creación de espazos seguros e de lecer para o desenvolvemento das crianzas nos barrios da cidade. “Con esta nova zona de xogos avanzamos na modernización deste tipo de instalacións por toda a cidade cuxa importancia, máis aló de ser espazos para a convivencia e que melloran a calidade de vida das zonas residenciais, radica na súa capacidade para proporcionar oportunidades para o desenvolvemento cognitivo e físico dos nosos nenos e nenas”, sinalou a rexedora.
 
Os elementos que conforma esta nova área recreativa situada na zona norte da cidade seguen a liña marcada polo Executivo de Paula Alvarellos en canto aos materiais empregados. Deste xeito, conta cos selos ‘Made Green’: produtos feitos a base de materiais reciclados post-consumo (como residuos recuperados do océano, téxtiles usados, envases alimentarios, etc.) e ‘ Born Green’, que obteñen aqueles produtos feitos do propio material de construción da natureza como a madeira, procedente de silvicultura sostible e, por tanto, pouco contaminantes. Igualmente, todo o parque dispón dun pavimento de caucho continuo, con revestimento decorativo, respectuoso co medio ambiente e con propiedades antiescorregadizas e outras caranterísticas técnicas que garanten unha longa durabilidade e boa resposta ao uso á intemperie.

Esta nova zona infantil da Piringalla, que contou cun investimento de preto de 90.000 euros,  está dotada con xogos como o supernova, con gran éxtio en Campo Castelo, un columpio cesta, un carrusel con banco ou un xogo múltiple con tres torres con trepa e ponte. Neste sentido, o edil de Trasición Ecolóxica fixo fincapé na potencialidade lúdica contaratstada dos equipamentos elixidos. “ Contamos cunha importante experiencia técnica dentro do persoal municipal que ten a capacidade para conxugar a seguridade dos elementos empregados, a súa naturaleza sostible e a súa capacidade lúdica ao tempo que todo ese conxunto intégrase de forma excelente na paisaxe urbana”, concluíu Fernández. 

Multimedia

  • Entra en funcionamento o novo parque infantil situado na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla
  • Entra en funcionamento o novo parque infantil situado na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla
  • Entra en funcionamento o novo parque infantil situado na rúa Gallego Tato, no barrio da Piringalla

Noticias relacionadas