Cultura difunde un vídeo homenaxe do seu 20 aniversario da Asociación Pepe Barreiro, organizadores do Enterro da Sardiña

Maite Ferreiro: “as veciñas e veciños de Lugo poderán ver imaxes das distintas actividades organizadas pola Asociación”

Maite Ferreiro lembrou que segue aberto o certame de disfraces telemático Entroideando 2021

Venres, 12 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cultura difunde un vídeo homenaxe do seu 20 aniversario da Asociación Pepe Barreiro, organizadores do Enterro da Sardiña

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, difunde nas súas redes sociais un vídeo elaborado pola Asociación Pepe Barreiro como homenaxe aos 20 anos de vida da asociación e como xeito de lembrar as actividades realizadas. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, explicou que “as veciñas e veciños de Lugo poderán ver imaxes das distintas actividades organizadas pola Asociación, xunto con retrospectivas dos enterros da sardiña”. No vídeo, ademais, inclúense imaxes que fan referencia á exposición “Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois”, que se situou durante o Entroido pasado na Rúa da Raíña.

“Desde a área de Cultura organizamos unha serie de actividades telemáticas para manter viva a esencia do entroido de Lugo, garantindo o cumprimento das medidas sanitarias”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “achegamos unha proposta de concertos contando coma sempre cos grupos e as empresas do tecido cultural local xunto cun certame telemático de disfraces a través das redes sociais, aberto a fotos novas e de outros anos, para lembrar as distintas celebracións do Entroido”.

As persoas que o desexen participar no certame de disfraces, deberán subir unha foto ou vídeo ás redes sociais, antes do 17 de febreiro as 14 horas, co disfraz de Entroido do ano actual ou de anos anteriores, e etiquetar a publicación co cancelo #Entroideando. Na descripción da publicación deberá indicarse tamén o ano de realización, e nas imaxes de nova realización deberán cumprirse todas as normativas sanitarias vixentes, derivadas da crise sanitaria.

Os 6 Concertos de Entroido, distribuiranse entre o sábado 13 e o martes 16 de febreiro, e poderán seguirse a través da páxina de Facebook da área de Cultura, coa seguinte programación;

  • Sábado 13 Febreiro 13h: Atlántica.
  • Sábado 13 Febreiro 20,30h: FruitJuzz.
  • Domingo 14 Febreiro 13h: Mixtape.
  • Domingo 14 Febreiro 20,30h: Wireless.
  • Luns 15 Febreiro 20,30h: Wicked World.
  • Martes 16 Febreiro 13h: Rachel & The Blue Batons.

Noticias relacionadas