Rosana Rielo saudou aos participantes dos penúltimos cursos, que rematarán a vindeira semana. O Concello programará para os vindeiros meses novos talleres, tanto a nivel básico como máis técnico

A programación de inicio da actividade formativa do Edificio de Novas Tecnoloxías, organizada pola Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, cubriu practicamente todas as prazas nos distintos 10 obradoiros gratuítos, dirixidos a públicos de todas as idades, que ofreceu a entidade local nestas instalacións, recentemente estreadas, dende a última semana de maio e ao longo do mes de xuño.
Entre as distintas alternativas de accións formativas desta primeira edición figuraron trámites electrónicos coa administración, iniciación á informática, utilización de smartphones, internet seguro, posicionamento web e seo, redes sociais, retoque fotográfico co smarphone, e compra e venda online.
Rosana Rielo achegouse a saudar aos participantes dos penúltimos obradoiros. Para a semana celebrarase o último taller, Creacións de Aplicacións Móbiles. O Concello programará para os vindeiros meses novos cursos, tanto a nivel básico como máis técnico, de mellorar as competencias dixitais das persoas interesadas e impulsar o seu desenvolvemento no ámbito da tecnoloxía, ofrecéndolles todas as ferramentas coas que conta dito edificio.
O horario do Edificio de Novas Tecnoloxías é de luns a sábado, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 21:00 horas.