Cristina López entrega en Cuíña o calendario elaborado dende o Arquivo Municipal

A nova edición "A terra entre as mans II", recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade.

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "dado o éxito acadado, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo".

Domingo, 02 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López entrega en Cuíña o calendario elaborado dende o Arquivo Municipal

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, xuntouse coa veciñanza de Cuíña nun dos encontros organizados desde a área de Participación para presentar á veciñanza o calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.

A edil de Participación está a realizar unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e  súa historia", explicou.

López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

Noticias relacionadas