A alcaldesa e varios representantes municipais amosaron a súa repulsa por esta morte ocorrida en outubro pasado en Logroño e que onte foi confirmado como un asasinato machista pola Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou, xunto a representantes da Corporación Municipal, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo caso de violencia machista, cometido o pasado mes de outubro en Logroño e que onte foi confirmado como un asasinato machista pola Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero.
Co asasinato de Carmen, de nacionalidade española, de 39 anos e nai dun fillo e dunha filla, maiores de idade, o ano 2024 pechouse con 48 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas e con 1.293 mortes por violencia de xénero desde o 2003 ata o remate do ano 2024.

