A Corporación municipal garda un minuto de silencio polo falecemento da muller ferida no desfile de gando do San Froilán

Ante o Concello de Lugo, as e os edís lucenses, encabezados polo alcalde, quixeron expresar o seu pesar pola morte da moza e trasladar o pésame á familia e achegados.

Luns, 20 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal garda un minuto de silencio polo falecemento da muller ferida no desfile de gando do San Froilán

Representantes de todos os grupos da Corporación Municipal, encabezados polo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, se concentraron esta mañá ante o Casa Consistorial para gardar un minuto de silencio ante o falecemento da muller ferida no desfile de gando de San Froilán, o pasado día 5 de outubro. Os e as edís lucenses quixeron expresar así o seu pesar pola morte desta moza e trasladar o seu máis sincero pésame e agarimo nestes momentos de dor á familia e ás persoas achegadas, nun suceso que conmocionou a toda a cidade.

Noticias relacionadas