Varios edís do Goberno local participaron no minuto de silencio para rexeitar o crime e lembrar á vítima de Las Palmas, coa que xa son 1.296 as mulleres asasinadas desde 2003.

Concelleiras e concelleiros do Goberno local participaron, xunto a outros membros da Corporación lucense, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para condenar o asasinato de María Dolores, de 59 anos, residente en Las Palmas de Gran Canaria, nun crime machista ocorrido en abril de 2020 e que estes días rematou coa detención do seu marido como presunto autor dos feitos.
Unha vez que a Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero confirmou este crime machista, xa son 1.295 as mulleres que desde o ano 2003, morreron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.



