Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A confirmación dunha morte de 2020 como crime machista concentra á corporación municipal nun novo acto de condena e repulsa ante a violencia de xénero

A confirmación dunha morte de 2020 como crime machista concentra á corporación municipal nun novo acto de condena e repulsa ante a violencia de xénero

Varios edís do Goberno local participaron no minuto de silencio para rexeitar o crime e lembrar á vítima de Las Palmas, coa que xa son 1.296 as mulleres asasinadas desde 2003.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Violencia de xénero
Martes, 18 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A confirmación dunha morte de 2020 como crime machista concentra á corporación municipal nun novo acto de condena e repulsa ante a violencia de xénero

Concelleiras e concelleiros do Goberno local participaron, xunto a outros membros da Corporación lucense, no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para condenar o asasinato de María Dolores, de 59 anos, residente en Las Palmas de Gran Canaria, nun crime machista ocorrido en abril de 2020 e que estes días rematou coa detención do seu marido como presunto autor dos feitos.

Unha vez que a Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero confirmou este crime machista, xa son 1.295 as mulleres que desde o ano 2003, morreron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/confirmacion-dunha-morte-de-2020-como-crime-machista-concentra-corporacion-municipal-nun-novo