Condena unánime da Corporación por dous crimes machistas en Almeria e Asturias, que elevan a 22 as vítimas mortais deste ano

Xoves, 03 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Condena unánime da Corporación por dous crimes machistas en Almeria e Asturias, que elevan a 22 as vítimas mortais deste ano

Concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal participaron esta mañá no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, para amosar a súa repulsa e condena ante os crimes de Josefina e Dolores, de 63 e 86 anos, respectivamente, a mans dos seus maridos, ocorridos en Almeria e Asturias, o que elevan a 22, e a 1.316 as mulleres que morren a mans das súas parellas ou ex parellas, desde o 2003, ano no que comezaron a contabilizarse estes asasinatos.   

Josefina, nai de dúas fillas, foi asasinada o pasado 27 de xuño polo seu marido, de 60 anos, en Almería, mentres que o crime de Asturias, na localidade de Pola de Laviana, acabou onte coa vida de Dolores, a mans do seu marido, de 90 anos. A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou que co asasinato de Dolores son 176 as vítimas mortais de violencia machista maiores de 60 anos desde 2003, e entre elas, 11 mulleres superaban os 84 anos.

Multimedia

  • Condena unánime da Corporación por dous crimes machistas en Almeria e Asturias, que elevan a 22 as vítimas mortais deste ano

Noticias relacionadas