Concello e CHMS conmemoran o Día Mundial da Auga co alumnado do CEIP Casás de Lugo

Xornada enmarcada dentro do proxecto de educación ambiental “Gústame O meu Río: ensíname a coidalo”, cuxo obxectivo é valorizar o coidado e respecto pola auga.

A alcaldesa de Lugo e o presidente da  CHMS comprobaron “in situ” o desenvolvemento das actividades e foron testemuñas do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente.

Baixo o lema “Augas subterráneas, facendo visible o invisible” este ano ponse en valor a importancia das augas que, invisibles aos nosos ollos, tamén forman parte do noso capital hídrico.

Martes, 22 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e CHMS conmemoran o Día Mundial da Auga co alumnado do CEIP Casás de Lugo

Esta mañá os alumnos e alumnas do  Ceip  Casás participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo dependente do  MITECO, para conmemorar o Día Mundial da auga.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da  CHMS, José Antonio Quiroga, acudiron á carpa situada no paseo do Miño, onde puideron comprobar “in situ” o desenvolvemento das actividades, sendo testemuñas do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

“Augas subterráneas, facendo visible o invisible” lema de Nacións Unidas para 2022, co obxectivo de valorizar as augas que, invisibles aos nosos ollos e baixo os nosos pés, forman parte do importante capital hídrico, xa que supón máis da 90% da auga doce dispoñible no mundo e é esencial para a agricultura e a industria.

Actividades

Os escolares aprenderon acerca da celebración do Día da auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “ FormAis parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo”, lembroulles e agradecido Quiroga.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto “Gústame O meu Río: ensíname a coidalo”, deseñado pola  CHMS, a través das que se comproba o estado do leito, presenza de macro- invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura,  ph, entre outros parámetros; ademais de pautas de bo uso do recurso e da colocación dunha caixa niño para aves co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

“O obxectivo destas actividades de educación ambiental é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea a través de actividades que promovan o contacto coa contorna natural e fomenten actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social” explicou o presidente.

“Desde a  CHMS consideramos necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos”concluíu Quiroga.

Multimedia

  • Concello e CHMS conmemoran o Día Mundial da Auga co alumnado do CEIP Casás de Lugo

Noticias relacionadas