A concellería Xuventude impartirá clases de iniciación ao tenis de mesa con 16 prazas por día

As inscricións poderán realizarse na propia actividade cos responsables da mesma.

A actividade é totalmente gratuíta, terá lugar nos meses de abril, maio e xuño, os venres na Casa da Xuventude e os sábados no pavillón de Tenis de Mesa.

Venres, 31 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería Xuventude impartirá clases de iniciación ao tenis de mesa con 16 prazas por día

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, dentro do Programa +xti 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD), pon á disposición da mocidade e das súas familias una actividade de iniciación ao tenis de mesa.

“Durante as clases, os participantes levarán a cabo un adestramento saudable que lles permitirá manterse activos, practicando a coordinación, concentración e realizando exercicio físico” apuntaba Repetto ao tempo que sinalaba que se fomentará tamén a socialización.

A actividade, de 60 horas de duración é totalmente gratuíta, terá lugar nos meses de abril, maio e xuño, os venres das 17:00 ás 21:00h, na Casa da Xuventude e os sábados das 10:00 ás 12:00h, no pavillón de Tenis de Mesa (Parque de Frigsa).

As inscricións poderán realizarse na propia actividade cos responsables da mesma, habendo 16 prazas por día. Non se precisa achegar material deportivo para a práctica e os menores de idade deben ter autorización asinada polos pais, nais ou titores. Máis información: 982 297 498 (de 09:00 a 14:00h).

Noticias relacionadas