O curso de formación como DJ, está organizado polo Concello e subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas
Os interesados deberán inscribirse dende hoxe ata o 10 de abril ás 14.00h na web www.lugomasxti.org e serán admitidos por rigurosa orde de chegada da súa solicitude.

O Goberno de Lara Méndez, amplía as actividades de lecer alternativo destinadas á mocidade, levando a cabo un curso intensivo de DJ cos Djs Manu Chady e Mirón, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, para lucenses a partir dos 14 anos, tal e como se planificou no Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)
“Entre os obxectivos preténdese dar resposta aos diferentes intereses dos lucenses e concretamente aos relacionados coa música, ademais de ser unha alternativa máis a outras formas de pasar o tempo máis nocivas para a saúde como é o consumo de alcohol, tabaco e drogas ilegais” apuntaba Mauricio Repetto, Concelleiro de Xuventude.
Segundo o edil, desde hai tempo consideramos como “prioritarias” as actuacións relativas á promoción do lecer formativo e de creación cultural e artística. Neste sentido sinalou que é “unha boa alternativa co obxectivo da profesionalización, xa que os participantes recibirán formación adecuada para afrontar con seguridade o desenvolvemento dunha sesión de dj” finalizaba Repetto.
A actividade ten unha duración de 24 horas prácticas e conta con 12 prazas. Os interesados deberán inscribirse dende hoxe ata o 10 de abril ás 14.00h na web www.lugomasxti.org e serán admitidos por rigorosa orde de chegada.
A actividade levarase a cabo na Casa da Música todos os sábados e domingos - dende o 15 ao 30 de abril - en horario de tarde de 16.00h a 20.00h.