A concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse en cursos formativos a través do programa +Xtí

As opcións formativas, que son gratuítas, desenvolveranse entre o 20 de marzo e o 20 de abril, e está dirixido a lucenses de 18 a 49 anos, empadroados en Lugo.

Existen 145 prazas e a inscrición debe realizarse do 6 ao 31 de marzo ata cubrir prazas, a través da web lugomasxti.org.

Luns, 06 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse en cursos formativos a través do programa +Xtí

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de inscripción para que lucenses, entre 18 e 49 anos, se inscriban en diferentes actividades formativas completamente gratuítas a través do programa +Xti 2023 para “ocupar o seu tempo libre polas tardes, e formarse en cursos que lles poidan abrir portas a futuras saídas laborais ou ben, perfeccionarse e mellorar na súa profesión” sinalaba o edil.

O programa abre a posibilidade de formación para máis dun cento de lucenses da cidade. Entre as opcións atopamos o curso de traballos de Altura que ofrece aos participantes todos os coñecementos referentes aos procedementos de traballo, así como ao uso dos equipos de protección individual. A formación de operario de carretilla elevadora que, se centrará en materia de seguridade, prevención de riscos laborais, mantemento, manipulación e conducción de carretillas. Os cursos TELCO (tres especialidades: altura, espazos confinados e risco eléctrico de 6 horas cada un), no cal se capacita ao traballador para estar operativo e que preste servizos neste sector, cumprindo cos criterios e requisitos formativos establecidos no acordo TELCO das empresas de telecomunicacións. E finalmente  a formación para levar a cabo traballos con Plataformas Elevadoras Móbiles de Persoal (PEMP) , podendo dar resposta a todos os Riscos e Factores de Risco que poidan darse durante a realización dos mesmos.

A formación desenvolverase do 20 de marzo ao 20 de abril, será de xeito presencial, no Polígono do Ceao, e contará cunha duración de 8 horas, salvo o curso de operario en telecomunicacións que será de 18 horas. As inscricións deben realizarse a partires do 6 de marzo, a través da web lugomasxti.org.

Cursos formativos:

Operario en telecomunicacións:

  • Luns 20, martes 21 e mércores 22 de marzo de 15:00 a 21:00 h.

Traballos en altura:

  • GRUPO 1 (15 prazas)
  • Luns 27 e martes 28 de marzo de 16:00 a 20:00 h.
  • GRUPO 2 (15 prazas)
  • Mércores 29 e xoves 30 de marzo de 16:00 a 20:00 h.

Operario de carretilla elevadora:

  • GRUPO 1 (25 prazas)
  • Luns 10 e martes 11 de abril de 16:00 a 20:00 h.
  • GRUPO 2 (25 prazas)
  • Mércores 12 e xoves 13 de abril de 16:00 a 20:00 h.

Plataforma elevadora móbil de persoas:

  • GRUPO 1 (25 prazas)
  • Luns 17 e martes 18 de abril, de 16:00 a 20:00 h.
  • GRUPO 2 (25 prazas)
  • Mércores 19 e xoves 20 de abril de 16:00 a 20:00 h.

Noticias relacionadas