A Concellería de Infraestruturas Urbanas traballa na reparación das incidencias xurdidas na rúa Salvador de Madariaga

A empresa que realizou o asfaltado está a investigar as causas do desprendemento de grava para aplicar unha solución

A obra, rematada no mes de xullo, ten 5 anos de garantía e dende a Área de Infraestruturas xa se fixeron os contactos necesarios para solventar os desperfectos

Venres, 29 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellería de Infraestruturas Urbanas traballa na reparación das incidencias xurdidas na rúa Salvador de Madariaga

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou hoxe a rúa Salvador de Madariaga e anunciou que persoal técnico do concello está en contacto coa empresa que realizou a reconstrución do firme e da rede pluvial da rúa Salvador de Madariaga para dar solución ás incidencias atopadas nos últimos días. Penas indicou que “dende a empresa vaise aplicar unha solución temporal ata que a meteoroloxía permita realizar un novo arranxo definitivo”.

“Esta obra ten cinco anos de garantía e a empresa xa está a investigar as causas do problema”, indicou Alexandre Penas, que engadiu, “trátase dunha empresa con experiencia neste tipo de intervencións, e tanto dende a concellería como dende a empresa estamos a traballar xa para adaptar as medidas necesarias e recuperar a normalidade no entorno”.

As obras comezaron o pasado mes de maio e contaron cun orzamento de 109.800 euros. Con esta actuación mellorouse o estado da rúa, que se atopaba cun deficiente estado na banda de rodadura, con múltiples zonas blandas, gretas e o pavimento cuarteado. Tamén se modernizou a rede de saneamento que contaba cun colector central moi antigo e varios pozos fóra de servizo.

Noticias relacionadas