- Tema

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, explicou os 19 proxectos da súa Concellería presentados ao Ministerio de Administracións Públicas para desenvolver grazas ao Fondo Estatal de Investimentos Locais.
Piñeiro lembrou que o Concello de Lugo presentou un total de 79 proxectos, que contan cun investimento de 16.610.880 euros, están xa validados pola Subdelegación do Goberno e pendentes da resolución do Ministerio de Administracións. Os proxectos da Concellería de Infraestruras suman un investimento total del 4.955.741,68 euros que contribuirán, ao igual que o resto dos proxectos presentados ao Fondo Estatal, ao fomento do emprego.
O Concelleiro indicou que “o obxectivo perseguido coa execución destes proxectos é mellorar o conxunto do Concello, beneficiando aos veciños e veciñás de todos os barrios atendendo ás súas necesidades reais”.
LISTA DE PROXECTOS DE ENXEÑERÍA DO FEIL DE LUGO
-Urbanización da Avenida Duquesa de Lugo (treito Ronda Norte - Monte Faro) - (Albeiros).- Comprende a rexeneración de pavimento e reordenación da sección viaria para dar continuidade á avenida. 229.538,48 euros.
-Peonalización do parque de Frigsa .- Proxéctase a pavimentación dos viais duns dos maiores parques urbanos da cidade co obxectivo de humanizar o contorno convertíndoo nun parque peonil. 687.000 euros.
-Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro.- realizarase a renovación de firmes e pavimento en toda a rúa así como a rede de distribución de abastecemento, renovación de acometidas domiciliarias, instalación de bocas de rego, canalización para alumeado público e semaforización en cruces de calzada. 693.993,06 euros.
- Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I - (As Gándaras).- O acondicionamento deste espazo inclúe a renovación de todos os servizos básicos e executarase unha nova sección de rúa adecuada ao planeamento e normativa de supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén se dotará de mobiliario urbán á zona de actuación. 344.791,99 euros
- Pavimentación e servizos na rúa Mallorca (A Milagrosa).- Realizarase a renovación de firmes e pavimento, así como a rede de distribución de abastecemento, renovación de acometidas domiciliarias. 168.138,38 euros.
- Pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil (Paradai).- proxéctase a renovación do pavimento das beirarúas nos tramos non modificados por actuacións doutras administracións. Ademais, proxéctase a renovación das canalizacións de abastecemento e alumeado público en dous tramos da rúa. 139.451,16 euros.
- Pavimentación de beirarrúas na rúa Aleixandre Bóveda (Paradai).- Executaranse as novas beirarrúas con adaptación de rebaixes en pasos peonís. 129.187,81 euros
- Reurbanización da rúa da Industria (Polígono industrial de O Ceao). Contempla a reordenación da rúa mediante a eliminación da mediana. Proxéctase a demolición completa da calzada, saneo da explanada, drenaxe e reposición do paquete de firmes. Asemade executarase unha canalización para liña de media tensión baixo calzada e inclúese a sinalización horizontal da calzada. 630.330,43 euros
- Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora (Parque Rosalía de Castro).- Reposición de pavimentos para adecuarlos ao Plan Director do Parque. Respetaranse as árbores existentes e nambalas dúas márxenes da calzada situaranse dúas liñas de aparcamento en batería. 149.794,35 euros.
- Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín (Piringalla).- Rexenerarase o pavemento e renovarase a rede de saneamento, executarase unha nova conducción de abastecemento e unha nova conducción para alumeado público. 121.791,17 euros
- Pavimentación e servizos na Rúa Lavandeira (treito Avenida da Coruña - Tunel de Oural) - (Piringalla).- Rexenerarase o pavemento e renovarase a rede de saneamento, executarase unha nova conducción de abastecemento e unha nova conducción para alumeado público. 213.616 euros
- Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira - (Sagrado Corazón) Proxéctase a renovación das redes de abastecemento e saneamento así como a renovación completa do paquete de firmes. 113.854,53 euros.
- Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo - (San Roque) Rexenerarase o pavemento e renovarase a rede de abastecemento.87.416,90 euros
- Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro.- Comprende a urbanización do contorno do campo que na actualidade atópase sen urbanizar. A proposta contempla ampliar o aparcamento existente mediante a urbanización dos terreos vacantes para crear en superficie un aparcamento en batería con capacidade para un mínimo de 310 prazas. Construiranse beirarrúas nas fachadas noroeste e suroeste do estadio. Tamén se contempla a dotación das redes soterradas de servicios. Coas actuacións previstas preténdese mellorar a rede de espazos públicos asociados á potenciación do movemento peonil, a mellora ambiental da rede de espazos públicos e a mellora das vías de comunicación e medio urbán.430.500 euros.
-Abastecemento e saneamento en Galegos.- Proxéctase unha rede de saneamento en Galegos onde non dispoñen actualemente deste servizo municipal. Asemade proxéctase a prolongación da rede de abastecemento nas pistas onde actualmente non existe. 202.924,26 euros.
-Renovación do saneamento na Estrada da Granxa - (Augas Férreas).- Inclúe a reparación da rede de saneamento da rúa, anulando a conexión existente e executándola augas abaixo do punto actual co obxectivo de reducir os caudais afluentes a un mesmo pozo, que provocan a sobrecarga da rede nese punto. 9.626,86 euros
-Renovación do saneamento na rúa Carvalho Calero (Augas Férreas).- Co obxectivo de dar solución aos problemas de saneamento existentes na avenida plantéxase a sustitución da rede unitaria actual por unha nova rede separativa que sexa capaz de asumir o caudal de pluviais procedente da praza de Augas Férreas. 159.723,06 euros
-Pavimentación e servizos na rúa Irmáns Vilar Ponte e Doutor Fleming.- Renovación do pavimento, e unnha nova rede de saneamento, de abastacemento e unha nova conducción para alumeado público. 212.543,24 euros
-Alumeado público da rúa Primaveira, Ramón Montenegro, Río Chamoso, Paxariños, Carril das Flores, rúa Emilia Pardo Bazán, Carril das Hortas, Carril dos Indios e rúa Bispo Dr. Balanzá. Que conta cun orzamento de 231.520 euros